POLÍTICA DE PRIVACIDADE VENDEDORES
De conformidade coa normativa aplicable de protección de datos de carácter persoal, en especial co disposto no Regulamento (UE) 2016/769 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (en adiante “RXPD”), e á Lei orgánica 3/2018 do 5 de decembro de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (en adiante “LOPDGDD”), as partes acordan que:
En relación cos datos de contacto das partes:
Os datos de carácter persoal incluídos no presente contrato incorporaranse aos tratamentos dos que sexan responsables cada unha das partes contratantes, na súa condición de parte dun contrato regulador de relación de negocio e/ou administrativa, e ser necesarios para o mantemento e cumprimento deste. Os datos facilitados serán conservados durante o prazo de vixencia do contrato e, de ser o caso, ata a prescrición das accións legais que poidan derivarse deste, non serán obxecto de decisións automatizadas, incluída a elaboración de perfís e non se cederán a terceiros, salvo obriga legal. Así mesmo infórmase que poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ao tratamento, portabilidade de datos e oposición a ser obxecto de decisións individuais automatizadas, dirixindo un escrito aos respectivos enderezos que figuran no encabezamento do Convenio Marco de Colaboración subscrito, acompañando fotocopia do seu DNI e que teñen dereito a presentar unha reclamación á autoridade de control competente no suposto de que entendan que o seu dereito á protección de datos foi vulnerado.
En relación cos datos persoais dos Vendedores que teñen que figurar na Web Promocional e na Web Comercial:
Se o Vendedor é unha persoa física ou un autónomo: coa sinatura do Convenio Marco de Colaboración e tomando como base lexitimadora a sinatura do citado convenio, o interesado cede os seus datos coa finalidade de que se poida xestionar a promoción e o proceso de venda dos seus Produtos a través da Web Promocional e a Web Comercial. Os datos facilitados serán conservados durante o prazo de vixencia do contrato e, posteriormente, manteranse bloqueados ata a prescrición das accións legais que poidan derivarse deste, non serán obxecto de decisións automatizadas, incluída a elaboración de perfís e serán cedidos aos usuarios e Compradores da Web Promocional e a Web Comercial para as finalidades indicadas. Así mesmo, poderán ser comunicados aos seguintes destinatarios en función da base lexitimadora da comunicación: organismos e administracións públicas, entidades financeiras (para a xestión de cobramentos e pagamentos), empresas de mensaxería e transporte coas cales a Agacal realiza o servizo de envío. Así mesmo infórmase que poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ao tratamento, portabilidade de datos e oposición a ser obxecto de decisións individuais automatizadas, dirixindo un escrito aos respectivos enderezos que figuran no encabezamento do Convenio Marco de Colaboración, acompañando fotocopia do seu DNI e que teñen dereito a presentar unha reclamación á autoridade de control competente no suposto de que entendan que o seu dereito á protección de datos foi vulnerado.
Se o Vendedor é unha persoa xurídica: será de aplicación, no que respecta aos datos persoais dos seus empregados ou persoas de contacto, o disposto no apartado anterior en relación cos datos de contacto das partes.
En relación cos datos persoais usuarios e Compradores que usan a Web Comercial:
Neste sentido ambas as partes recoñécense como responsables do tratamento de acordo co artigo 26 do RXPD e ao artigo 29 da LOPDGDD determinando entre ambos o obxectivo principal que consiste en servir os pedidos dos clientes que sexan realizados a través da plataforma da Agacal sobre Produtos comercializados polos Vendedores na Web Comercial. Para levar a cabo o tratamento en cuestión, a Agacal levará a cabo as seguintes actividades de tratamento: recollida, rexistro, conservación, consulta, comunicación, supresión, destrución. Doutra banda, o Vendedor levará a cabo as seguintes actividades: recollida, rexistro, conservación, consulta, comunicación, supresión, destrución.
Os interesados poden exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, oposición, supresión e portabilidade fronte á Agacal en calquera momento a través das canles:
- En liña: na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento denominado
- Presencial: presentando a súa solicitude asinada e por escrito en calquera das oficinas de atención á cidadanía e de rexistro propias da Xunta de Galicia ou en calquera outra oficina ou rexistro dos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común para a presentación de documentos que as persoas interesadas dirixan ás administracións públicas.
Do mesmo xeito, os interesados poderán exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, oposición, supresión e portabilidade na canle que o Vendedor teña dispoñible para ese efecto e cuxa descrición irá necesariamente incluída xunto coa documentación da factura no momento do envío ao Comprador.
Os responsables deberán darse o correspondente traslado de forma recíproca de calquera solicitude de dereito que os interesados interpoñan relacionados con este tratamento, nun prazo que non poderá exceder de sete (7) días hábiles.
Os interesados poderán exercer os dereitos que lles recoñece o RXPD fronte a, e en contra de, cada un dos responsables.
Os interesados tamén poden presentar unha reclamación fronte á autoridade de control competente.