Política de privacidade web

POLÍTICA DE PRIVACIDADE


De conformidade co establecido nos artigos 13 e 14 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (Regulamento xeral de protección de datos - RXPD), e os artigos 6 e 11 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e garantía dos dereitos dixitais (en adiante, LOPDGDD), polo que se regula o dereito de información na recollida de datos, a continuación inclúese a política de privacidade do sitio web en https://merca.experienciasdecalidade.gal do que é titular a AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA (en diante, AGACAL), e que vén complementar o aviso legal e a política de cookies, así como as condicións específicas sobre protección de datos persoais que poidan incluírse en calquera formulario de recollida de datos da dita web.

Esta política de privacidade pode modificarse en función dos cambios nas funcionalidades da Web ou actualizacións normativas. Recomendámoslle que revise a política de privacidade con certa periodicidade.

Quen é o responsable do tratamento dos seus datos persoais?

O responsable do tratamento dos datos persoais que poida facilitar a través de calquera formulario de recollida de datos ou funcionalidade desta páxina é AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA (en diante, AGACAL), axencia pública autonómica, adscrita á Consellería do Medio Rural; con domicilio en Avenida do Camiño Francés , 10, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña – España), web: https://agacal.xunta.gal 

Quen é o delegado/a de protección de datos?

O/a DPD da Consellería do Medio Rural á que se adscribe AGACAL estende as súas funcións a esta última. Pode contactar cos Delegados e Delegadas de protección de datos na seguinte ligazón: Delegados/as de protección de datos - Xunta de Galicia. 

Que datos tratamos e de que fonte se obteñen?

Os datos tratados proveñen de:

  • Datos facilitados por vostede, para cubrir os formularios para ese efecto habilitados.
  • Datos derivados da prestación do servizo: de forma indirecta, ao derivar da propia prestación do servizo e do mantemento desta actividade. Dentro desta categoría inclúense os datos de navegación a través da Web.

En función do servizo, os datos tratados abranguen a seguinte tipoloxía:

  • Datos identificativos (p. ex., nome, apelidos, documento de identidade, enderezo postal, correo electrónico, número de teléfono, historial de consumo).

Con que finalidades se tratan os seus datos persoais?

Con carácter xeral, os datos persoais que nos proporcione serán utilizados para atender as súas solicitudes e consultas, facilitarlle información sobre contidos ou recursos deste sitio web, facilitar a xestión das súas compras e posibilitar o seu acceso a outras funcionalidades. 

En concreto, en base as funcionalidades das que faga uso, poderemos tratar os seus datos coas seguintes finalidades: 

  • Contacto. Trataremos os seus datos para atender as consultas, suxestións ou incidencias que as persoas usuarias da Web poidan formular e remitirlles a información que poida ser do seu interese.
  • Rexistro das persoas usuarias - acceso á área cliente. Trataremos os seus datos para xestionar a súa alta como persoa usuaria rexistrada desta páxina web, proporcionar o acceso a todos os recursos desta, facilitar a xestión das súas compras (envío dos produtos). As persoas usuarias rexistradas poderán: xestionar os seus datos persoais, realizar compras dos diferentes produtos ofrecidos na Web, consultar o seu consumo, así como tramitar a baixa deste servizo.
  • Comprar como convidado/a. Trataremos os seus datos para posibilitar a xestión das súas compras sen previo rexistro na zona cliente. Neste caso, non poderá acceder a outros servizos ou vantaxes das que poderá gozar como persoa rexistrada.

Determinados servizos prestados a través do sitio web poden conter previsións específicas en materia de protección de datos persoais, sendo as finalidades de recollida dos seus datos as que particularmente se indiquen no formulario correspondente, polo que será indispensable a súa lectura e aceptación con carácter previo á solicitude do servizo de que se trate. 

Non cubrir os campos obrigatorios que aparecen en calquera formulario poderá ter como consecuencia que AGACAL non poida atender a súa solicitude. 

No caso de que, a través dos citados formularios ou outras funcionalidades da páxina, nos facilite datos persoais de terceiros, previamente á súa inclusión deberá informar as persoas afectadas dos extremos incluídos na presente política de privacidade.

Ligazóns a terceiros: a través deste sitio web, e coa finalidade de facilitar a compravenda de produtos, as persoas usuarias poden acceder a través de ligazóns a sitios web de terceiros como PayPal e outras plataformas de pagamento. Non obstante, a AGACAL non terá acceso á información confidencial que o cliente facilite aos ditos terceiros para xestionar o pagamento.

Cal é a lexitimación legal para o tratamento dos seus datos?

As bases de lexitimación para o tratamento dos teus datos de conformidade coas finalidades anteriormente indicadas son:

  • No caso da xestión e resolución de consultas, suxestións e incidencias, así como para a xestión do servizo de atención ao usuario e a remisión de información solicitada polo usuario, sería o cumprimento dunha misión realizada en interese público fundamentada na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, na Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega e no Decreto 52/2018, do 5 de abril, polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e se aproban os seus estatutos.
  • No caso do rexistro e xestión da alta como usuario, así como a xestión da prestación dos servizos facilitados a través da Web, incluída a xestión das súas compras no que ao envío dos pedidos se refire e a remisión da información correspondente, sería o cumprimento dunha misión realizada en interese público fundamentada na Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega e no Decreto 52/2018, do 5 de abril, polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e se aproban os seus estatutos.
  • No caso da realización de compras como convidado, para a xestión das compras no que se refire ao envío dos pedidos, sería o cumprimento dunha misión realizada en interese público fundamentada na Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega e no Decreto 52/2018, do 5 de abril, polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e se aproban os seus estatutos.

A que destinatarios se comunican os seus datos?

Para a xestión das compras dos produtos ofertados a través desta páxina web, en concreto a xestión do envío dos produtos, AGACAL comunicará os datos persoais das persoas interesadas aos Produtores correspondentes, así como ás entidades colaboradoras, como prestadores dos servizos necesarios para acadar as finalidades detalladas anteriormente, tales como empresas de mensaxería e transporte ou outros provedores de servizos tecnolóxicos para a resolución de consultas ou incidencias técnicas derivadas do funcionamento da plataforma.

En relación coa xestión do proceso de venda, infórmase de que os datos persoais necesarios serán comunicados aos vendedores ou produtores dos produtos ofertados, coa finalidade de permitir a tramitación do pago e a emisión da correspondente facturación. A partir de dita comunicación, estes destinatarios asumirán a condición de responsables do tratamento respecto das finalidades indicadas.

Por canto tempo conservaremos os seus datos?

O tratamento de datos persoais para as finalidades descritas manterase durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade da súa recollida, manténdoos posteriormente bloqueados conforme o previsto na lexislación vixente para a esixencia de posibles responsabilidades derivadas do tratamento e só polo prazo de prescrición destas, transcorrido o cal procederase á súa eliminación.

Cales son os seus dereitos e como pode exercitalos?

En atención ao establecido na normativa vixente en materia de protección de datos persoais, indícanse a continuación os dereitos que lles asisten ás persoas usuarias desta Web e a canle prioritaria para o seu exercicio:

  • Dereito de acceso: dereito a obter confirmación sobre se se están tratando os datos e información e, de ser o caso, sobre o dito tratamento.
  • Dereito de rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos cando sexan inexactos.
  • Dereito de supresión ou esquecemento: dereito a obter a supresión dos datos nos termos previstos na normativa vixente.
  • Dereito de oposición: dereito a opoñerse, en calquera momento, a que os datos persoais sexan obxecto de tratamento.
  • Dereito á limitación do tratamento: dereito a que o responsable limite o tratamento dos datos da persoa interesada nos supostos recollidos na normativa vixente.
  • Dereito á portabilidade dos datos: dereito a recibir os datos que proporcionou nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, ou a que sexan transmitidos directamente a un terceiro nos supostos establecidos na normativa vixente.
  • Dereito a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas: dereito a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado, incluída a elaboración de perfís, que produza efectos xurídicos no/a interesado/a ou lle afecte significativamente de modo similar.
  • Dereito a retirar o consentimento: cando o tratamento dos datos estea baseado no consentimento das persoas interesadas, estas poderán retirar o consentimento outorgado en calquera momento, sen que iso afecte a licitude do tratamento previo á súa retirada.

Canles de solicitude do exercicio dos dereitos

  • En liña: na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento denominado
  • Presencial: presentando a súa solicitude asinada e por escrito en calquera das oficinas de atención á cidadanía e de rexistro propias da Xunta de Galicia ou en calquera outra oficina ou rexistro dos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común para a presentación de documentos que as persoas interesadas dirixan ás administracións públicas, indicando os seus datos identificativos e o dereito que desexa exercitar.

Sen prexuízo de calquera outro recurso, as persoas interesadas terán dereito tamén a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos como autoridade de control (www.aepd.es).

Pódese modificar a Política de privacidade?

AGACAL resérvase o dereito de modificar en calquera momento a súa política de privacidade respectando a lexislación vixente en materia de protección de datos. Recomendámoslle que revise a política de privacidade con certa periodicidade. 

Onde se pode obter máis información?

Podes acceder a máis información sobre o tratamento de datos persoais na Xunta de Galicia a través de https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos