Merca esta experiencia...
Descripción
“Os suaves” O chourizo como o de toda a vida. Elaborado con magro e touciño de Porco Celta Porco Celta, raza autóctona en perigo de extinción, pemento, allo e sal. A carne de Porco Celta, cun maior contido en ferro e minerais aporta un sabor máis intenso o chourizo. O seu maior contido en graxas insaturadas fainos moi suaves en boca. Embuchados en tripa natural, atados a man e afumados con leña de carballo. Presentase envasados o baleiro e nunha bonita caixa de cartón que os converte no regalo perfecto.