Bodegas Ribada Selección Mencía Rosado
Bodegas Ribada SL
Bodegas Ribada SL
Gastos de envío calculado en próximo paso
Envío en 5 día(s)
Enviado por Correos
RIBADA SELECCIÓN MENCÍA ROSADO é un viño elaborado a partir das mellores uvas cultivadas nas nosas parcelas da parroquia de San Fiz, no corazón da Ribeira Sacra de Chantada.
Coidamos os nosos viñedos de xeito manual, respectando o *terroir* e dedicando un gran esforzo ao proceso,
ao tempo que buscamos transmitir toda a personalidade e elegancia da uva Mencía no viño final.
ELABORACIÓN: Vendima manual en caixas.
Tras unha maceración de 24 horas, realízase o sangrado do mosto e a súa fermentación —separado das peles— en depósitos de aceiro inoxidable durante 12 días a temperatura controlada.
Unha vez rematada a fermentación, o viño permanece sobre as súas lías durante catro meses, o que dá lugar a un viño estruturado, fresco e envolvente.
NOTAS DE CATA: Vermello cereixa brillante de intensidade media. Notas de froita vermella e matices balsámicos no nariz, con toques florais e cítricos. Fresco, equilibrado e persistente no padal.
D.O. Ribeira Sacra