Merca esta experiencia...
Descrición
Cor vermella picota, brillante, de intensidade media-alta e con boa capa.
Na copa apréciase unha gran intensidade aromática, con moita froita, notas de cereixa, guindas, amoras e cirola negra.
Aromas a afumados finos e elegantes. Gusto complexo e equilibrado. Longo en boca, estruturado e con volume.
Ideal con todos os pratos típicos da cociña tradicional galega.