Merca esta experiencia...
Descrición
Cor amarela pallosa con tonalidade intensa e suaves cores douradas.
De intensidade alta, herbas aromáticas, balsámicos, froitas maduras de óso
—albaricoque, néspera—, con recordos de crianza sobre lías —suaves torrados,
mazapán, biscoito— e final salino. En boca é fresco, graxo, untuoso, con moito volume.
Cítricos maduros e notas cremosas. Longo, equilibrado e mineral.
Albariño con crianza nas súas lías finas de 12 meses, con intensidade aromática e evolución positiva en botella.
Edición limitada de 6.666 botellas.