Merca esta experiencia...
Descrición
Ben cuberto por unha envolvente capa de cor vermella e reberete violáceo,
escorregando unha suxerinte e ampla bágoa. Representa perfectamente
a variedade, facendo gala da súa frutuosidade coas percepcións da froita
de baga e froitos vermellos, así coma o carácter que
lle imprime a zona coa súa frescura, a través de notas
florais. Cálido e glicérico, cun percorrido que nos amosa cálidos
taninos perfectamente ensamblados nunha viva acidez que remata
cun fresco postgusto.